Unha peli para lembrar as ensinanzas de Xesús
A vida nos tempos de Xesús
Copia e ilustra este texto. Utiliza paint para debuxar e povver point para compoñer o traballo, cada frase e unha diapositiva.
As casas de Nazaré tiñan
unha soa habitación ,na que cociñaban, comían e durmían.
Nas casas non tiñan auga,
sacábana dos pozos e traíana despois para a casa en caldeiros.
Non se inventara a luz
eléctrica e alumaban as casas con velas e lámpadas de aceite.
A comida principal era pola
tarde. Comían tortas de fariña, verduras e froitas. A carne só os días de festa.
Vestían con túnicas; si
facía frío poñían unha capa con capucha.
Os nenos tiñan xoguetes de
madeira e as nenas bonecas de trapo. Tamén lles gustaba facer ruído con
cascabeis e silbatos.
Arte María
Día do libro
Para celebrar este día os nenos de 5º fixeron unha pequena exposición das diferentes biblias que temos na aula. Xa sabedes que a Biblia foi o primeiro libro que se publicou e segue sendo o que máis lee a xente de todo o mundo.
Parábola do Fillo Pródigo.
Os alumnos de 4º fixeron esta dramatización. A idea da montaxe, o guión e os "efectos especiais" están feitos por eles. Non deixedes de vela, é moi orixinal e seguro que aprendedes moito.
A Pascua .
Un santo para cada tempo...
Para intentar comprender o que é unha persoa santa, os alumnos de 4º , 5º, e 6º fixeron un pequeno proxecto no que investigaron a vida de tres santos.
Os de 6º traballaron a Osorio Gutiérrez un cabaleiro medieval que fundou o noso pobo. Pola súa bondade é considerado un santo.
Os de 5º traballaron a Teresa de Xesús, xa que este ano fai 500 anos que naceu.
Os de 4º traballaron a Tereixa de Calcuta, xa que é unha santa da nosa época.
Estes son os murais que fixeron.
Os de 6º traballaron a Osorio Gutiérrez un cabaleiro medieval que fundou o noso pobo. Pola súa bondade é considerado un santo.
Os de 5º traballaron a Teresa de Xesús, xa que este ano fai 500 anos que naceu.
Os de 4º traballaron a Tereixa de Calcuta, xa que é unha santa da nosa época.
Estes son os murais que fixeron.
| Proxecto Conde Santo. |
| Proxecto Teresa de Xesús. |
| Proxecto Tereixa de Calcuta |
Vivindo a Coresma.
Aquí podedes ver como os cativos de 1º ven este tempo de Coresma, un tempo para perdoar , axudar , compartir.., o diseño deste cartel é moi orixinal, verdade?.
Fortalece o teu corazón, é tempo de Coresma.
Empeza a Coresma, Fixemos esta " Vella Coresmiña", Leva sete pernas que representan as sete semanas que faltan para a Pascua. Debaixo de cada perna puxemos algo que trataremos de facer cada semana para ser un pouco mellores ( esta semana toca esforzarse en non dicir ningunha mentira).
Queremos facer cousas que nos axuden a fortalecer o noso corazón como dixo este Mércores de Cinsa o Papa Francisco.
Todos iremos poñendo o noso compromiso para estes corenta días , xa podedes ver algún na foto do mural, pero aínda faltan cativos.
A ovella perdida.
Os cativos de 1º fixeron esta fermosa ovella perdida da parábola que nos contou Xesús. Tamén vos poñemos outras que nos quedaron moi ben.
Tres en raia de Xesús.
Con tapóns para reciclaxe fixemos este xogo , por un lado é un tres en raia de Xesús e por outro lembramos as súas ensinanzas.
Belén 6º. 2014
Os nenos e nenas de 6º diseñaron este fermoso Belén da entrada do colexio esperemos que vos guste e que teñades un feliz ano 2015.
Belén do Patio 2014
Este curso tamén os nenos de 4º montaron o seu belén no patio do colexio. Foron facendo un pouco cada día no recreo. Este é o resultado. Grazas a todos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








