Fortalece o teu corazón, é tempo de Coresma.


Empeza a Coresma, Fixemos esta " Vella Coresmiña", Leva sete pernas que representan as sete semanas que faltan para a Pascua. Debaixo de cada perna puxemos algo que trataremos de facer cada semana para ser un pouco mellores ( esta semana toca esforzarse en non dicir ningunha mentira).

Queremos facer cousas que nos axuden a fortalecer o noso corazón como dixo este Mércores de Cinsa o Papa Francisco.

Todos iremos poñendo o noso compromiso para estes corenta días , xa podedes ver algún na foto do mural, pero aínda faltan cativos.


A ovella perdida.


 Os cativos de 1º fixeron esta fermosa ovella perdida da parábola que nos contou Xesús. Tamén vos poñemos outras que nos quedaron moi ben.