Actividades para 6º


Ola, como xa sabedes temos que empezar a pensar nas notas da 3ª avaliación. 
A Cualificación final será a Nota media das cualificacións da primeira e segunda avaliación. 
Pero haberá unha subida de nota de 1 punto si  participaches  nas actividades que  propuxen dende que estamos na casa ou si elaboras o seguinte traballo.Tes todo o que queda do mes de maio para mandarmo.
 Si tes algunha dúbida ponte en contacto comigo por correo electrónico ou polo grupo de clase.


Unha das persoas das que máis falamos na clase é a Madre Teresa de Calcuta.
A miña proposta é que investigues a súa vida e que fagas un pequeno resumo.
Debes engadir unha opinión persoal.

Formatos en que o podes facer:
- En documento de Word. Non ten que ser moi longo. Podes engadir fotos. Unha páxina xa chega.
 -En presentación de Power Point. Como moito 6 diapositivas. Este programa é moi parecido ao impress que utilizamos no cole.   
( Lembra: reparte a información en diapositivas ou páxinas, que se engaden ao traballo en insertar nova diapositiva).
-Para os que non teñen ordenador:  investigar a biografía na tablet, no teléfono movil ou nunha enciclopedia. Fai o resumen nunha libreta ou folio, faille unha foto e mándamo ao correo . 

 Lembra que ao final do traballo debes mancionar a " FONTE", é dicir a páxina ou o libro de onde sacache a información.
Nesta páxina podes atopar moitas cousas da súa vida.
http://webcatolicodejavier.org/MadreTeresa.html

        Tamén podes visionar a súa vida nesta película.














Actividades para 5º.


Ola, como xa sabedes temos que empezar a pensar nas notas da 3ª avaliación. 
A Cualificación final será a Nota media das cualificacións da primeira e segunda avaliación. 
Pero haberá unha subida de nota de 1 punto si elaboras o seguinte traballo ou si participaches nas actividades que foron propostas dende que traballamos na casa.
Para facer este traballo tes todo o mes de maio.
Si tes algunha dúbida ponte en contacto comigo por correo electrónico ou polo grupo de clase.
Imos analiza e ler  un milagre de Xesús. do Evanxeo de Xoán e que xa vimos na clase.Tes tamén un resumo neste vídeo: 



 



 Agora fai un comentario do milagre contestando as seguintes preguntas.
  • 1. Onde o podo ler :  Evanxeo de Xoán 6, 1-14
  •  2. Localización:  si menciona o pobo, un monte, río... de non mencionalo só poñer o nome do país de Xesús .
  •  3. Resumo:  conta coas túas palabras o que pasou dunha forma sinxela e  curta.
  •  4. Ensinanza: lembra que Xesús non era un " MAGO", cando facía un milagre sempre quería amosarnos algo: neste milagre vemos por exemplo que o neno comparte o que ten e chega para todos, polo tanto si todo o mundo compartira o que ten no mundo ninguén pasaría...
  •  Outra cousa que fai Xesús antes de repartilo e ...  celebra unha....
  •  Si ti atopas outra ensinanza máis tamen podes poñela. É a túa opinión e sempre vai ben .

Formatos en que o podes facer:
- En documento de Word. Non ten que ser moi longo. Podes engadir fotos. Unha páxina xa chega.
 -En presentación de Power Point. Como moito 6 diapositivas. Este programa é moi parecido ao impress que utilizamos no cole.   
( Lembra: reparte a información en diapositivas ou páxinas, que se engaden ao traballo en insertar nova diapositiva).
-Para os que non teñen ordenador:  investiga poñendo no buscador  da tablet  ou no teléfono móvil a cita "Jn 6, 1-14" ou nunha Biblia ou Novo Testamento que teñas pola casa, aínda que sexa a da túa avoa .  Contesta as preguntas  nunha libreta ou folio, faille unha foto e mándamo ao correo . 
        Estes debuxos xa che valen si fas o traballo por ordenador.




                                                        

Mapa de Palestina 


Actividades para 4º


Ola, como xa sabedes temos que empezar a pensar nas notas da 3ª avaliación. 
A Cualificación final será a Nota media das cualificacións da primeira e segunda avaliación. 
Pero haberá unha subida de nota de 1 punto si elaboras o seguinte traballo, ou participaches nas actividades que foron propostas dende que estamos a traballar na casa.
Tes todo o mes de maio para facelo.

 Si tes algunha dúbida ponte en contacto comigo por correo electrónico ou polo grupo de clase. Tes ata o 30 de maio para entregalo.
Imos ver a preferencia de Xesús polas persoas máis necesitadas.
 Para iso vamos analizar unha PARÁBOLA. 
Lembra que as PARÁBOLAS, son relatos curtos ou que contaba Xesús para que o entenderan mellor .
  A PARÁBOLA que imos revisar e a do Bo Samaritano  que se atopa en Lc 10, 29-37. tamén podes vela neste vídeo.

 Agora fai un comentario da PARÁBOLA contestando as seguintes preguntas.
  • 1. Onde o podo ler :  Evanxeo de Lucas 10, 29-37
  •  2. Localización: 
  • - A onde ía o home que asaltaron?
  • - De que parte de Palestina era  o home que lle axudou?
  •  3. Resumo:  conta coas túas palabras o que pasou dunha forma sinxela e  curta.
  •  4. Ensinanza: lembra que Xesús , cando conta  unha parábola  sempre quería amosarnos algo: 
  • Debemos a..... a quen nos n......
  •  O home que lle axudou era de Samaría; no país de Xesús as persoas desta parte de Palestina eran consideradas inferiores. Pero foi o único que se portou ben. Xesús ensinanos que non debemos marxinar a ninguén pola súa r... 
  •  Si ti atopas outra ensinanza máis tamen podes poñela. É a túa opinión e sempre vai ben .
Formatos en que o podes facer:
- En documento de Word. Non ten que ser moi longo. Podes engadir fotos ou debuxos. Unha páxina xa chega.

-Para os que non teñen ordenador:  investiga poñendo no buscador  da tablet  ou no teléfono móvil a cita "Lc 10, 29-37" ou nunha Biblia ou Novo Testamento que teñas pola casa, aínda que sexa a da túa avoa .  Contesta as preguntas  nunha libreta ou folio, faille unha foto e mándamo ao correo . 
        Tamén vale que completes esta ficha.


Actividades para 3º

Repasamos cousas que xa sabemos.  Lembrade que si  non podes imprimir sempre podes contestar a man nun folio ou libreta e mandarme unha foto ao correo. Ou escribir as respostas no mesmo correo, o que che resulte máis comodo a ti e a túa familia. 

Actividades para 2º

Repasamos o Bautismo de Xesús , aquí tedes un vídeo do relato da Biblia e  outro dunha canción. esp

Actividades para 1º

Imos repasar a familia de Xesús.



Aquí tedes unha canción , espero que vos guste.



Traballamos na casa 4º, 5º e 6º


Semana 4/05/2020-8/05/2020
Ola, grazas a todos por facer as actividades que vos propoño. Xa sabedes que son voluntarias e sei que non todos podedes imprimir,  moito ánimo que esto logo vai pasar.
Seguimos repasando a María.
Como sabedes a relixión está moi presente na arte ao longo da historia.
A actividade de esta semana é que fagades unha pequena investigación: buscar cadros e esculturas famosas que teñan como protagonistas momentos da vida da Nai de Xesús. 
Podedes facer  unha versión do cadro que máis vos guste.
De estos que vos poño, sabedes quen os pintou? non deixedes de ver o vídeo para saber cantos cousas hai que analizar nun cadro. Boa semana a todos.
Como se chama este cadro?





Semana 26/04/2020-2/05/2020

Ola, grazas a todos por facer as actividades que vos propoño. Xa sabedes que son voluntarias e sei que non todos podedes imprimir,  moito ánimo que esto logo vai pasar.
Esta semana celebramos o domingo  o DÍA DA  NAI. 
Para os cristiáns este mes de maio é moi importante pois nel lembramos especialmente a Nai de Xesús: María.
Neste vídeo que atopei podedes ver os momentos da súa vida que aparecen no evanxeo.







A actividade que vos propoño esta semana é que fagades un debuxo, unha carta ou algunha manualidade na que lle lembredes a vosa nai e as vosas avoas o moito que as queredes e o importante que son nas vosas vidas. 








Semana do 20/04/ 2020- 25/04/2020


Ola, grazas a todos por facer as actividades que vos propoño. Xa sabedes que son voluntarias e sei que non todos podedes imprimir,  moito ánimo que esto logo vai pasar.
Como esta semana celebramos o DÍA DO LIBRO,   pensei que sería bo que lembrárades a importancia e valor que teñen os 73 libros que forman a BIBLIA.





Lembra e  imprime si podes estas fichas, colorea  cada  familia de  libros dunha cor distinta. 






Semana do 13/04/ 2020- 17/04/2020

Dende este Domingo os cristians celebramos a Pascua.
É para nós a festa máis importante xa que celebramos que Xesús Resucitou.
Dura cincuenta días, ata o día de Pentecostés no que celebramos que os apóstolos recibiron a forza do Espíritu Santo e foron por todo o mundo anunciar a mensaxe de Xesús.

Lee  despacio esta  mensaxe do Papa Francisco para entender mellor o que significa a RESURRECCIÓN DE XESÚS.
En este tiempo, el Señor resucita en cada uno de los enfermos que, sin la compañía de sus seres queridos, luchan por superar la enfermedad. En el personal sanitario, que con su entrega arriesga su vida por salvar la de otros, y que trasladan a los enfermos el calor de sus familias durante su convalecencia.
El Señor resucita en cada casa donde habita la soledad; en las residencias de ancianos; y también en las cárceles. En los que permanecen en albergues y centros de acogida. En las familias que pierden sus ingresos en estas circunstancias dramáticas.

El Señor resucita en los que ahora trabajan con dedicación y afán; en los voluntarios; en los que ofrecen su hombro; en los que dan lo que tienen, en los que pacientemente permanecen en su casa.
El Señor resucita allí donde tan reconfortantes son las palabras de aliento y tan necesario el consuelo; donde una voz cálida y cercana abriga de calor humano el aislamiento de enfermos y la soledad de quienes ya partieron. El abrazo fraterno de Cristo resucitado alcanza a padres, hijos, hermanos, amigos… que no pudieron mirar sus rostros ni despedirse.
El Señor resucita en cada uno de nosotros. Por eso con nuestro corazón y en nuestra mente celebramos la Pascua. Y lo hacemos con el recuerdo de todos y cada uno de los que perdimos.
Lo hacemos confiados en la persona de Jesucristo, que resucitado ha vencido a la muerte.  
 Las campanas suenan este Domingo para anunciar la resurrección y la esperanza.
Fai un pequeno resumo do texto e escribe a túa opinión.
Na última frase o Papa convida a todas as igrexas do mundo a tocar as campás para lembrar que Xesús RESUCITOU. 
Nesta ficha que vos propoño coloreade o campanario e copiade a frase que máis vos guste tamén podedes buscar fotos das persoas que están axudando e loitando por que esta pandemia do coronavirus remate.   (Os que non teñades impresora sempre podedes copiar a man ou descargar e abrir con PAINT e facer as fichas no ordenador.)


Semana do 6/04/ 2020- 11/04/2020

Imos repasar o que sabemos da Semana Santa completando estas fichas.Os que non teñades impresora sempre podedes copiar a man ou descargar e abrir con PAINT e facer as fichas no ordenador.
A información está nos EVANXEOS e si vos parece tamén podedes ver esta película que nos presenta  un bo resumo.







                  Aquí tedes tamén fichas de colorear por si queredes facer unha POSTAL DE PASCUA


Traballamos na casa 1º e 2ºe 3º.

Semana 4/05/2020-8/05/2020

Ola, grazas a todos por facer as actividades que vos propoño. Xa sabedes que son voluntarias e sei que non todos podedes imprimir,  moito ánimo que esto logo vai pasar.
Xa sabedes que estamos repasando cousiñas moi sinxelas , hoxe tocalle aos amigos de Xesús, lembrades como se chamaban? 
Aquí tedes unha ficha para completar os nomes de cada un.
Ao mellor é difícil de colorear, eu propóñovos que fagades un debuxo de cada un e poñades o nome debaixo, Seguro que queda precioso. Boa Semana

                         
Semana 26/04/2020-2/05/2020

Ola, grazas a todos por facer as actividades que vos propoño. Xa sabedes que son voluntarias e sei que non todos podedes imprimir,  moito ánimo que esto logo vai pasar.
Esta semana celebramos o domingo  o DÍA DA  NAI. 
Para os cristiáns este mes de maio é moi importante pois nel lembramos especialmente a Nai de Xesús: María.
Como vedes tamén lle gustaba pasear co seu fillo por iso vos propoño esta ficha para que vos debuxedes felices a carón da vosa nai. Abaixo tedes unha canción para lembrar a vida de María.
Pero o máis importante para esta semana é que lle lembredes a vosa nai e as vosas avoas o que as queredes con un debuxo ou un agasallo feito por vos.


 
 Aquí tedes algúns exemplos que me mandaron Alejandro, Iker e Miguel, Cñlaudia e Paula.                                                                                   







Semana do 20/04/ 2020- 25/04/2020


Ola, grazas a todos por facer as actividades que vos propoño. Xa sabedes que son voluntarias e sei que non todos podedes imprimir,  moito ánimo que esto logo vai pasar.
Como esta semana celebramos o DÍA DO LIBRO,   pensei que sería bo que lembrárades a importancia e valor que ten para os cristiáns  a BIBLIA.


Aquí tedes unha canción que cantamos na clase, por si vos apetece este baile, FELIZ SEMANA💪💓💓💓

Semana do 13/04/ 2020- 17/04/2020


Dende este Domingo os cristians celebramos a Pascua.
É para nós a festa máis importante xa que celebramos que Xesús Resucitou.  Mira este vídeo para lembrar como foi, e despois fai un debuxo e colorea as fichas . 

Busca as diferencias  e colorea 

Busca as diferencias




Semana do 6/04/ 2020- 10/04/2020
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Imos celebrar a Semana Santa.
Nesta semana os cristiáns lembramos os últimos días de Xesús para dar lugar a PASCUA , NA QUE CELEBRAMOS QUE XESÚS RESUCITOU.
Propoñovos unha  ficha para completar  e dúas de colorear coas que podedes facer unha postal de Pascua ou decorar as vosas ventás.
Si non tedes impresora sempre podedes copiar a man ou descargar e abrir con PAINT e facer as fichas no ordenador.
son debuxos fáciles.


Traballamos na casa manualidades e fichas para infantil e primaria.

Semana 4/05/2020-8/05/2020


Seguimos no mes das flores, é tempo de lembrar a nai de Xesús. Aquí tedes unhas flores que podedes facer con plastilina ou con cousas que tedes na casa.
 Boa semana a todos 💗💗💗💗

Semana 26/04/2020-2/05/2020
Atopei estas  postais que podedes elaborar para as vosas nais e avoas. 




Semana do 20/04/ 2020- 25/04/2020

Atopei esta sinxela postal que podedes elaborar coa silueta das vosas mans e facerlle un agasallo a alguén que queredes. Boa semana a todos 💗💗💗💗

Semana do 13/04/ 2020- 17/04/2020
Xa pasou a SEMANA SANTA e agora estamos na Pascua, este tempo dura 50 días nos que podedes poñer os vosos adornos de Pascua. 
Propóñovos  que fagades un CIRIO PASCUAL.É unha vela que se encende nestas datas e que simboliza a ledicia dos cristiáns.
 Podedes facer esta de colorear ou algunha manualidade eu atopei estas que me gustaron ...


-----------------------------------------------------------
 TRABALLOS DO 2º TRIMESTRE

Vai empezar a Semana Santa, é unha festa moi importante para todos os cristiáns.
Celebramos que XESÚS RESUCITOU.

Podedes facer unha árbore de Pascua e colorear ovos ou inventalos vos