Xénese, Génesis, Berashit.
Neste traballo podedes ver un " lap book" do Xénese. É un pequeno mural persoal onde cada un pon un resumo das historias do primeiro libro da Biblia. Ao final fixemos unha pequena libreta cós versículos que máis nos gustaron e non deberíamos esquecer.
Parábola do tesouro agochado.
"O Reino dos Ceos é semellante a un tesouro agochado nunha leira, o home que o atopa vende todo canto ten e vai mercar a leira para non perdelo".
Pensamos no que quere dicir Xesús con esta parábola e fixemos unha postal para non esquezela e ofrecela de agasallo as persoas que son tamén para nós un" tesouro".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)