Xesús e a Paz.
Belén 2013.
Como cada Nadal fixemos un Belén na
clase de Relixión. Os de 6º, puxeron o seu no pasillo para que o
viran todos. Aquí neste albún podedes ver as fotos.
Tamén fixemos unha peli 6º, 4º e 2º
contando a historia do Nadal. Estreamos na Biblioteca un día antes
das vacacións. Foi moi emocionante para todos. Non podemos poñela no Blog porque é un pouco larga, peroxa sabedes que podedes vela cando vos queirades.
O mellor Belén do mundo mundial.
Os meus alumnos sempre me sorprenden . Os nenos e nenas de 3º por iniciativa deles fixeron un Belén no patio do colexio. Atoparon o sitio que lles pareceu máis axeitado.Trouxeron unhas figuras de plastilina da casa e unhas caixas de cartón para os agasallos dos Reis Magos.
Despois eu fixenlles o vídeo.
Non é o mellor Belén que podedes ver, nin a historia está perfecta, pero para eles e para esta profe é o mellor Belén do Mundo Mundial.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)