Un santo para cada tempo...

Para intentar comprender o que é unha persoa santa, os alumnos de 4º , 5º, e 6º fixeron un pequeno proxecto no que investigaron a vida de tres santos.
Os de 6º traballaron a Osorio Gutiérrez un cabaleiro medieval que fundou o noso pobo. Pola súa bondade é considerado un santo.
Os de 5º  traballaron a Teresa de Xesús, xa que este ano fai 500 anos que naceu.
Os de 4º traballaron a Tereixa de Calcuta, xa que é unha santa da nosa época.
Estes son os murais que fixeron.
Proxecto Conde Santo. 

Proxecto Teresa de Xesús.
Proxecto Tereixa de Calcuta


Debuxos e traballos de Teresa de Xesús.

Vivindo a Coresma.

Aquí podedes ver como os cativos de 1º ven este tempo de Coresma, un tempo para perdoar , axudar , compartir.., o diseño deste cartel é moi orixinal, verdade?.

Fortalece o teu corazón, é tempo de Coresma.


Empeza a Coresma, Fixemos esta " Vella Coresmiña", Leva sete pernas que representan as sete semanas que faltan para a Pascua. Debaixo de cada perna puxemos algo que trataremos de facer cada semana para ser un pouco mellores ( esta semana toca esforzarse en non dicir ningunha mentira).

Queremos facer cousas que nos axuden a fortalecer o noso corazón como dixo este Mércores de Cinsa o Papa Francisco.

Todos iremos poñendo o noso compromiso para estes corenta días , xa podedes ver algún na foto do mural, pero aínda faltan cativos.


A ovella perdida.


 Os cativos de 1º fixeron esta fermosa ovella perdida da parábola que nos contou Xesús. Tamén vos poñemos outras que nos quedaron moi ben. 



Paz 2015

Con esta famosa frase de Xesús: " A paz sexa contigo" fixemos este mural.
 Tamén busacamos citas bíblicas que falaran da Paz, estas son un exemplo:



Tres en raia de Xesús.

Con tapóns para reciclaxe fixemos este xogo  , por un lado é un tres en raia de Xesús e por outro lembramos as súas ensinanzas.


Bautismo de Xesús.


Os cativos de 2º fixeron este orixinal bautismo de Xesús no río Xordán.

Belén 6º. 2014

Os nenos e nenas de 6º diseñaron este fermoso Belén da entrada do colexio esperemos que vos guste e que teñades un feliz ano 2015.







Belén do Patio 2014

Este curso tamén os nenos de 4º montaron o seu belén no patio do colexio. Foron facendo un pouco cada día no recreo. Este é o resultado. Grazas a todos.




,



A historia do Nadal.

 Este Nadal decidimos que a mellor decoración de Nadal foi que entre todos os nenos de 5º e 6º debuxaran este fermoso relato. Aquí podedes ver o resultado.








Lembrando aos misioneiros

Mandalas da Paz.


Xesús e a Paz.

Amádevos uns a outros, iso é a Paz.
Xesús de Nazaré
Podedes ver aquí diferentes debuxos que fixemos para lembrar a Paz.
Empezamos por Xesús que foi o primeiro en falar de Paz e Amor a todos.
Debemos esforzarnos para que a Paz non sexa só un bonito desexo.

Belén 2013.

Como cada Nadal fixemos un Belén na clase de Relixión. Os de 6º, puxeron o seu no pasillo para que o viran todos. Aquí neste albún podedes ver as fotos.
Tamén fixemos unha peli 6º, 4º e 2º contando a historia do Nadal. Estreamos na Biblioteca un día antes das vacacións. Foi moi emocionante para todos. Non podemos poñela no Blog porque é un pouco larga, pero
xa sabedes que podedes vela cando vos queirades.

O mellor Belén do mundo mundial.

Os meus alumnos sempre me sorprenden . Os nenos e nenas de 3º por iniciativa deles fixeron un Belén no patio do colexio. Atoparon o sitio que lles pareceu máis axeitado.Trouxeron unhas figuras de plastilina da casa e unhas caixas de cartón para os agasallos dos Reis Magos. Despois eu fixenlles o vídeo. Non é o mellor Belén que podedes ver, nin a historia está perfecta, pero para eles e para esta profe é o mellor Belén do Mundo Mundial.

As nosas felicitacións.

Estas felicitacións están diseñadas por nós, con elas queremos que pensedes que cousas son as máis importantes do Nadal.Como vedes unhas están feitas a man e outras a ordenador. 
A nosa intención é que cada un dos que nos ve se sinta cheo de ledicia e esperanza nestes días nos que celebramos que Xesús naceu para todos. Bo Nadal a todos!.

 






Xesús naceu para todos, viva o Nadal.
                       
                            
                                A túa solidariedade ponlle a música ao Nadal.
                             
                               Cando escoitas aos demais celebras o Nadal.
Achégate a Xesús para vivir o Nadal.
Ola  son Miguel  e  quero  que  lembredes que no ADVENTO preparamos a festa do Nadal, e o mellor que podedes facer é compartir as vosas cousas cós que non teñen nada. Iso é o Nadal.