Feliz verán.

María, no patio do cole.

Como estamos no mes de María , os cativos de infantil levamos a mamá de Xesús ao sitio que máis nos gusta do cole: O patio, despois coas fotos montamos este vídeo na pizarra dixital, esperamos que vos guste.

Flores para María.


Palabras de Xesús.

Os cativos de 5 anos xa sabemos escribir as palabras preferidas de Xesús.

Unha mañá con Noé

Feliz Pascua de Resurrección.


Sabes que celebramos ?

Na pascua celebramos que Xesús resucitou. É a festa máis importante dos cristiáns.

Os amigos de Xesús.

Os cativos de 2º debuxamos os apóstolos, botámoslle un pouco de imaxinación...

Mural da Paz( aula).




A receita de Xesús para acadar a Paz.

Por un mundo cheo de Paz.












Cousas da Biblia.

A Biblia é un conxunto de libros que falan de Deus.
Son 73 libros.
Podemos dividilos en dúas partes:
Os escritos antes de nacer Xesús (46), Antigo Testamento.
Os escritos despois de nacer Xesús (27), Novo Testamento.


Para os cristiáns os máis importantes son os Evanxeos, que se atopan no Novo Testamento.
Contan as ensinanzas e a vida de Xesús.
Son catro:
Evanxeo de S. Mateo.
Evanxeo de S. Marcos.
Evanxeo de S. Lucas.

Evanxeo de S. Xoán.

Os nenos de 3º.

Esperando polos Reis Magos.

O rei da Paz.
Son o rei Gaspar
e traigo moita paz.
Veño nun camelo
para non tardar.

Cando vexa ao neno
voulle agasallar
un pouquiño de incenso
e ao neno alegrar.
Paulo.







O neno Manuel.
Melchor chegou moi rapido
ao pobo de Vilanova.
O camelo está moi canso,
e vai ao veterinario.
O veterinario ao velo
púxose amarelo
e chamou ao seu neno:
Manuel ven aquí,
podes ver ao rei Melchor
e ser moi feliz.
Si que vou
si que vou,
quero ver a Melchor.
José Antonio.


Mariana e os Magos
Eu recibín un bombón
de parte do rei Melchor.
Cunha boneca vou xogar,
que me deu Gaspar.
E cando chegue Baltasar
xa sei que me dirá:
Mariana, sempre
tes que axudar.
Mariana.

A miña esterliña de nadal.
A miña estrela
a miña estreliña
sempre tan bonitiña.

A miña estrela
a miña estreliña
sempre tan fermosa.

A miña estrela
a miña estreliña
sempre agarimosa.
Iñaki
O neno Xesús.

O neno Xesús
naceu en Belén
e moitos agasallos ten.
O neno Xesús,
é fillo de Deus.
e moito amor ten.
Para todo o mundo
para facer o ben.
Diego

Belén 2009.

Postais dos cativos.

Rimas do Advento.

Xa vai chegar o Nadal,
e o cumple de Xesús
imos celebrar.


Os pastores de Belén
cando viron o meniño,

sentiron que aquela noite,
Deus sería coñecido.



Xa estamos no advento,
pero temos que lembrar,
que Xesús naceu para todos,
por iso está no portal.







O Anxo Ramón o bonachón.




Historias do Advento: Estela e a carta de Xesús.

Aquela tarde de vacacións de Nadal, Estela unha nena de 2º recibiu unha carta de Xesús.
Querida Estela:
"Vou estar no teu barrio o sábado na tarde e quérote ver.
Quérete sempre, Xesús
.
As súas mans tremían mentres colocaba a carta na mesa.
- Por qué Deus me quererá visitar se non son ninguén especial?-pensou ela. Tamén lembrou
que non tiña nada que ofrecerlle, pensando niso, veu o seu armario baleiro.
-Oh, non teño nada que ofrecerlle. Teño que ir ao supermercado e comprar algo para a cea, na carteira só teño 6 euros.
-Polo menos podo comprar pan e embutidos. Puxo o abrigo e pechou a porta.
Comprou pan de molde, un pouco de xamón e un litro de leite .
Sentíase ben a medida que se achegaba á súa casa coa súa humilde compra baixo o brazo, Vilanova estaba moi fermosa ,tódalas rúas adornadas con luces de cores.
-Señoriña, por favor, pode axudarme?
Estela estivera tan mergullada nos seus plans para a cea que non se percatara de aquel home e aquela muller vestidos pobremente.
-Mire señoriña, non teño traballo e temos moita fame, se vostede nos puidese axudar agradeceriállo moito
Estela mírounos e contestou:
-Señor, gustaríame axudalos, pero son pobre tamén. Todo o que teño é un pouco de pan e xamón, e terei un convidado especial a cear esta noite e pensaba darlle isto de comer.
-Esta ben, comprendo. Grazas de tódolos xeitos, contestou o home e seguiu camiñando pola rúa. Estela ao velo tan triste sentiu moita dor no seu corazón:
-Señor espere, A parella detívose, mentres ela corría ata eles.
-Por que non toman esta comida, podo servirlle outra cousa ao meu convidado - dixo ela mentres lle entregaba a bolsa do supermercado.
Grazas. Moitas grazas señoriña .
Si, Grazas díxolle a muller e Estela puido ver que estaba a tremer de frío.
-Sabe, teño outro abrigo na casa, tome este, e tamén esta bufanda , díxolle mentres a poñía sobre os ombros.
Ela regresou á casa sorrindo e sen o seu abrigo nin comida que ofrecer ao seu convidado.Estábase a desanimar a medida que se achegaba á porta da súa casa, pensando que non tiña nada que ofrecer ao Xesús. Pero cando entrou veu outra carta.
-Que raro. Normalmente, o carteiro non vén dúas veces o mesmo día.
Estela colleu o sobre e abriuno:
Querida Estela:
Foi moi agradable verte de novo.
Grazas pola comida e grazas tamén polo fermoso abrigo e a bufanda.Que teñas un Bo Nadal.
Quérete sempre, Xesús".


É que ás veces é difícil atopar a Deus, nas pequenas cousas que nos rodean, mesmo nas persoas que ás veces nos son desagradables, pero é precisamente alí onde quere que o atopemos: en cada persoa que necesita axuda.

Podedes ver o conto en debuxos si picades abaixo: