Ola, como xa sabedes temos que empezar a pensar nas notas da 3ª avaliación.
A Cualificación final será a Nota media das cualificacións da primeira e segunda avaliación.
Pero haberá unha subida de nota de 1 punto si participaches nas actividades que propuxen dende que estamos na casa ou si elaboras o seguinte traballo.Tes todo o que queda do mes de maio para mandarmo.
Si tes algunha dúbida ponte en contacto comigo por correo electrónico ou polo grupo de clase.
Si tes algunha dúbida ponte en contacto comigo por correo electrónico ou polo grupo de clase.
Unha das persoas das que máis falamos na clase é a Madre Teresa de Calcuta.
A miña proposta é que investigues a súa vida e que fagas un pequeno resumo.
Debes engadir unha opinión persoal.
Formatos en que o podes facer:
- En documento de Word. Non ten que ser moi longo. Podes engadir fotos. Unha páxina xa chega.
-En presentación de Power Point. Como moito 6 diapositivas. Este programa é moi parecido ao impress que utilizamos no cole.
( Lembra: reparte a información en diapositivas ou páxinas, que se engaden ao traballo en insertar nova diapositiva).
( Lembra: reparte a información en diapositivas ou páxinas, que se engaden ao traballo en insertar nova diapositiva).
-Para os que non teñen ordenador: investigar a biografía na tablet, no teléfono movil ou nunha enciclopedia. Fai o resumen nunha libreta ou folio, faille unha foto e mándamo ao correo .
Lembra que ao final do traballo debes mancionar a " FONTE", é dicir a páxina ou o libro de onde sacache a información.
Nesta páxina podes atopar moitas cousas da súa vida.
http://webcatolicodejavier.org/MadreTeresa.html
Tamén podes visionar a súa vida nesta película.