Aquela noite en Belén:

Como cada ano os nenos de 6º somos os encargados de montar o nacemento do colexio.
Quixemos representar como sería aquel día de empadroamento en Belén: O pobo estaba cheo de xente , xa que Xosé e María non encontraron pousada e Xesús naceu nunha corte.
Por iso despois de buscar información puxemos diferentes tendas cós oficios e as cousas que se venderían naqueles tempos ( con un traductor de hebreo puxemos os carteis nas dúas linguas):
-Empezamos facendo a panadería e seguimos despois co ferreiro, o carpinteiro , o tecedor , o labrego, as tendas de froitas e verduras , o carpinteiro e unha tenda de xoguetes: Os nenos daqueles tempos tamén xogaban pero non tiñan consolas, preferían os xoguetes de madeira e todo o que fixera ruído como tambores, pandeiretas e cascabeis, os maiores preferían as damas e os bolos.
Como no cole tamén hai nenos de Marrocos buscamos que pasaba na súa terra naqueles tempos, e así enterámonos que eran os mellores pescadores de atúns do Mediterraneo e os cabalos deles eran os preferidos da xente, por iso puxemos unha tenda con atúns e cabalos.
Todo o fixemos con plastilina, cores, sacos e paos que atopamos no patio, cada neno do cole fixo algo: Sería unha lista moi longa poñer o que fixo cada un, xa que no cole somos máis de cen nenos.
Debuxamos as casas de Belén , moi pequeniñas , porque as casas da maioría da xente só tiñan unha habitación, debuxamos tamén a sinagoga que en Belén era templo e cole ao mesmo tempo, e claro o castelo do Rei Herodes , o malo da Historia.
Cando tiñamos as cousas feitas , pensamos nos persoaxes, e facían falla moitos. Por iso decidimos que o mellor era traer as nosas bonecas , e con teas vellas cosimos e cortamos os traxes.
Traballamos moito todos os nenos, na clase de relixión pero tamén nos recreos de pola mañá e no do comedor.
Pero sen dúbida o mellor de facer este Belén foi amosar unha vez máis que os nenos deste cole somos capaces de facer algo entre todos.
Celebrar o Nadal é estar todos xuntos, comprender que todos somos importantes e necesarios . Seguramente a Xesús lle gustaría este agasallo no seu 2008 cumpreanos. Bo Nadal a todos.

Fátima, Marta, Bruno, Virginia, Codés, Daniel, Nazaret, Alba.










Cousiñas do Nadal:



É difícil precisar cando comezou a celebrarse o Nadal tal como hoxe o coñecemos. O certo é que os costumes, mitos e lendas que se lle foron sumando ao longo dos séculos proveñen de moitos países diferentes.

Tampouco se coñece o día exacto do nacemento de Xesús, aínda que se sabe que foi durante o reinado de Herodes. A mediados do século IV, o Papa Xullo I estableceu a data do 25 de decembro, día próximo a moitas festas do solsticio de inverno que se celebraban na antigüidade.


A aparición de Papá Noel tamén chamado Santa Claus, Sinterklaas ou Pere Noel, segundo o país- así como a tradición da árbore do Nadal ou a representación do pesebre, son costumes que proveñen tanto da lenda como da realidade.
A figura de Papá Noel, por exemplo, esta inspirada na vida do bispo de Mira - na actual Turquía- coñecido hoxe como San Nicolás, que foi moi popular pola súa bondade e xenerosidade cos pobres.

A Árbore:
Cando no inverno as árbores perdían as súas follas, os xermanos vestíanos para que os espíritos bos que neles habitaban regresasen pronto. Os adornos máis comúns eran mazás ou pedra pintadas, iso foi a orixe dos adornos, as bólas de cristal incorpóranse ao redor de 1750 en Bohemia.

Boa parte da tradición da árbore de Nadal, en cambio, tivo a súa orixe nunha lenda europea: dise que durante unha fría noite de inverno, un neno buscou refuxio na casa dun leñador e a súa esposa, que o recibiron e déronlle para comer. Durante a noite o neno converteuse nun anxo vestido de ouro: era o neno Deus. Para recompensar a bondade dos anciáns, tomo unha rama dun piñeiro e díxolles que a sementasen, prometéndolles que cada ano daría froitos. E así foi: aquela árbore deu mazás de ouro e noces de prata.

Foi San Francisco de Asis quen populariza o costume de armar un pesebre. Na súa viaxe a Belén, no ano 1220, quedou asombrado polo xeito como se celebraba alí o Nadal. Entón, cando regreso a Italia pediulle autorización ao Papa Honorio III para representar o nacemento de Xesús cun pesebre vivente. A partir dese momento, a tradición estendeuse por Europa e logo polo resto do mundo. Hoxe Papá Noel, a árbore e o pesebre son os símbolos universais do Nadal. Tan universais como o costume de desexarlles a todos e en todas partes, felices festas.


Dereitos dos nenos:




Os nenos de 6º,queremos empezar este novo curso, lembrando os dereitos dos nenos, que non en todo o mundo se cumplen.Vai lendo amodiño e escribe a túa opinión en comentarios.

Despedida:


Remata o curso. Os cativos e a profe que elaboramos este blog agredecemos as máis de 3.600 visitas que recibimos ao longo de este ano procedentes de moitas partes do mundo ( España, Estados Unidos, Honduras, Italia, Reino Unido, México, Chile, Perú, Brasil, Arxentina, Colombia...).

Tódolos alumnos dos colexios de San Cosme de Barreiros e Lourenzá, agás os de relixión evanxélica e islámica participamos activamente neste proxecto: Debuxando, escribindo, elaborando guións, expresando as nosas opinións e desexos de facer un mundo máis xusto. Un mundo no que o mandamento de Xesús, “Amádevos uns aos outros,” se cumpla.
Ata o próximo curso!



Coresmiña





Onde encontrar a PAZ:






Busca a Paz que está no teu corazón.
Esa Paz que che deixa aceptar ao que pasa o teu carón como si fose teu irmán, aínda que sexa máis pobre ou maís rico, aínda que fale con Deus dunha maneira diferente, aínda que a súa pel sexa distinta, aínda que non pense coma tí.
Busca a Paz aprendendo a escoitar aos demais, sin pensar, en cada momento, como vas impoñerlle o que pensas.
Busca a Paz traballando por un mundo máis xusto, sendo amigo de todos. E convéncete de que a Paz é posible a partir da
comprensión , do amor, da solidariedade e da bondade. Busca a Paz e sentirás en cada momento que Deus está tamén dentro de tí.

Uxía, a nena que quixo ser pomba.







Uxía, cando veu da escola, non se decatou que no xardín da súa casa, había unha pomba ferida.
Só cando a avoa a chamou e dixo:
-¡Uxía ven rápido, trae unha caixa!. Alí estaba unha pomba gris cunha á rota.
Uxía foi buscar tamén unha vendaxe, e con moito coidado meteuna na caixa.
Uxía pensou onde estaría a nai da pomba, como avisala, pensou, pensou, pensou e quedou
durmida...
Uxía era agora unha pomba mensaxeira, que voaba por todo o mundo, no pico levaba mensaxes aos gobernantes para que parasen as guerras, para que repartiran os cartos cos necesitados,para que as persoas tiveran traballo e unha casa para vivir.
A pomba Uxía votou todo o día voando e levando mensaxes aos gobernantes, a xente rica e a todos os que podían facer algo.
Pero ninguén facía nada, todos collían a mensaxe , e a papeleira.

A pomba Uxía, quixo voar aínda máis alto, e así chegou ata o Ceo; Cando Deus a veu preguntoulle:
-Uxía, que fas aquí?
_ Veño contarche que ninguén me fai caso, eu non fago máis que dicirlle aos gobernantes e a xente que axuden aos demais, pero no me escoitan, xa estou cansa. Podes facer algo?

Deus contestou:
_Eu fixen as persoas libres, e son elas as que teñen que cambiar, as que teñen que ser menos egoistas, as que teñen que facer un mundo mellor.
E son as persoas coma ti, pomba Uxía ,as que me axudan, as que entre todas e coa miña axuda, faredes un mundo mellor, non podedes deixar de intentalo.
Nese momento Uxía, espertou, decatouse que ela ata que fose vella, sempre sería:
Unha pomba da paz. E Tí?.

Pincha en comentarios e escribe cando eres "unha pomba da paz".