Esperando polos Reis Magos.

O rei da Paz.
Son o rei Gaspar
e traigo moita paz.
Veño nun camelo
para non tardar.

Cando vexa ao neno
voulle agasallar
un pouquiño de incenso
e ao neno alegrar.
Paulo.







O neno Manuel.
Melchor chegou moi rapido
ao pobo de Vilanova.
O camelo está moi canso,
e vai ao veterinario.
O veterinario ao velo
púxose amarelo
e chamou ao seu neno:
Manuel ven aquí,
podes ver ao rei Melchor
e ser moi feliz.
Si que vou
si que vou,
quero ver a Melchor.
José Antonio.


Mariana e os Magos
Eu recibín un bombón
de parte do rei Melchor.
Cunha boneca vou xogar,
que me deu Gaspar.
E cando chegue Baltasar
xa sei que me dirá:
Mariana, sempre
tes que axudar.
Mariana.

A miña esterliña de nadal.
A miña estrela
a miña estreliña
sempre tan bonitiña.

A miña estrela
a miña estreliña
sempre tan fermosa.

A miña estrela
a miña estreliña
sempre agarimosa.
Iñaki
O neno Xesús.

O neno Xesús
naceu en Belén
e moitos agasallos ten.
O neno Xesús,
é fillo de Deus.
e moito amor ten.
Para todo o mundo
para facer o ben.
Diego

Belén 2009.

Postais dos cativos.

Rimas do Advento.

Xa vai chegar o Nadal,
e o cumple de Xesús
imos celebrar.


Os pastores de Belén
cando viron o meniño,

sentiron que aquela noite,
Deus sería coñecido.



Xa estamos no advento,
pero temos que lembrar,
que Xesús naceu para todos,
por iso está no portal.