Aquela noite en Belén:

Como cada ano os nenos de 6º somos os encargados de montar o nacemento do colexio.
Quixemos representar como sería aquel día de empadroamento en Belén: O pobo estaba cheo de xente , xa que Xosé e María non encontraron pousada e Xesús naceu nunha corte.
Por iso despois de buscar información puxemos diferentes tendas cós oficios e as cousas que se venderían naqueles tempos ( con un traductor de hebreo puxemos os carteis nas dúas linguas):
-Empezamos facendo a panadería e seguimos despois co ferreiro, o carpinteiro , o tecedor , o labrego, as tendas de froitas e verduras , o carpinteiro e unha tenda de xoguetes: Os nenos daqueles tempos tamén xogaban pero non tiñan consolas, preferían os xoguetes de madeira e todo o que fixera ruído como tambores, pandeiretas e cascabeis, os maiores preferían as damas e os bolos.
Como no cole tamén hai nenos de Marrocos buscamos que pasaba na súa terra naqueles tempos, e así enterámonos que eran os mellores pescadores de atúns do Mediterraneo e os cabalos deles eran os preferidos da xente, por iso puxemos unha tenda con atúns e cabalos.
Todo o fixemos con plastilina, cores, sacos e paos que atopamos no patio, cada neno do cole fixo algo: Sería unha lista moi longa poñer o que fixo cada un, xa que no cole somos máis de cen nenos.
Debuxamos as casas de Belén , moi pequeniñas , porque as casas da maioría da xente só tiñan unha habitación, debuxamos tamén a sinagoga que en Belén era templo e cole ao mesmo tempo, e claro o castelo do Rei Herodes , o malo da Historia.
Cando tiñamos as cousas feitas , pensamos nos persoaxes, e facían falla moitos. Por iso decidimos que o mellor era traer as nosas bonecas , e con teas vellas cosimos e cortamos os traxes.
Traballamos moito todos os nenos, na clase de relixión pero tamén nos recreos de pola mañá e no do comedor.
Pero sen dúbida o mellor de facer este Belén foi amosar unha vez máis que os nenos deste cole somos capaces de facer algo entre todos.
Celebrar o Nadal é estar todos xuntos, comprender que todos somos importantes e necesarios . Seguramente a Xesús lle gustaría este agasallo no seu 2008 cumpreanos. Bo Nadal a todos.

Fátima, Marta, Bruno, Virginia, Codés, Daniel, Nazaret, Alba.