O primeiro Belén




No Nadal de 1223, San Francisco de Asís, 15 días antes do 25 de Decembro, pensou en facer algo diferente para celebrar o nacemento de Xesús.
Levou a capela do seu mosteiro un asno e un boi vivos , ao lado puxo as figuras de Xosé, María e Xesús.
Celebrou a misa de Noiteboa, coa representación do nacemento, predicando sobre a natividade do "Rei Pobre" con tanto amor e devoción que as persoas que alí estaban , viviron un verdadeiro Nadal.
A idea de reproducir o nacemento popularizouse no mundo cristián e dos seres vivos pasouse as figuras de distintos materiais.
Dende o 8 de Decembro, día da Inmaculada Concepción, nos fogares cristiáns preparamos o pesebre en familia, mentres se escoitan panxoliñas e o noso espíritu se vai tamén transformando pouco a pouco nun pesebre de amor.
Fátima, Virginia, Codés, Marta ,Nazaret, Bruno.

Belén de Lourenzá.















Camiño de Belén (nenos de 4º)


,Xosé e María
van a Belén,
A viaxe é longa
dende Nazaré.

Non viaxan en coche
nin tampouco en avión,
só teñen un burro
e un gran corazón.

Este é o camiño
a viaxe da ilusión,
o fillo de Deus
o rei do amor.