Cousiñas do Nadal:



É difícil precisar cando comezou a celebrarse o Nadal tal como hoxe o coñecemos. O certo é que os costumes, mitos e lendas que se lle foron sumando ao longo dos séculos proveñen de moitos países diferentes.

Tampouco se coñece o día exacto do nacemento de Xesús, aínda que se sabe que foi durante o reinado de Herodes. A mediados do século IV, o Papa Xullo I estableceu a data do 25 de decembro, día próximo a moitas festas do solsticio de inverno que se celebraban na antigüidade.


A aparición de Papá Noel tamén chamado Santa Claus, Sinterklaas ou Pere Noel, segundo o país- así como a tradición da árbore do Nadal ou a representación do pesebre, son costumes que proveñen tanto da lenda como da realidade.
A figura de Papá Noel, por exemplo, esta inspirada na vida do bispo de Mira - na actual Turquía- coñecido hoxe como San Nicolás, que foi moi popular pola súa bondade e xenerosidade cos pobres.

A Árbore:
Cando no inverno as árbores perdían as súas follas, os xermanos vestíanos para que os espíritos bos que neles habitaban regresasen pronto. Os adornos máis comúns eran mazás ou pedra pintadas, iso foi a orixe dos adornos, as bólas de cristal incorpóranse ao redor de 1750 en Bohemia.

Boa parte da tradición da árbore de Nadal, en cambio, tivo a súa orixe nunha lenda europea: dise que durante unha fría noite de inverno, un neno buscou refuxio na casa dun leñador e a súa esposa, que o recibiron e déronlle para comer. Durante a noite o neno converteuse nun anxo vestido de ouro: era o neno Deus. Para recompensar a bondade dos anciáns, tomo unha rama dun piñeiro e díxolles que a sementasen, prometéndolles que cada ano daría froitos. E así foi: aquela árbore deu mazás de ouro e noces de prata.

Foi San Francisco de Asis quen populariza o costume de armar un pesebre. Na súa viaxe a Belén, no ano 1220, quedou asombrado polo xeito como se celebraba alí o Nadal. Entón, cando regreso a Italia pediulle autorización ao Papa Honorio III para representar o nacemento de Xesús cun pesebre vivente. A partir dese momento, a tradición estendeuse por Europa e logo polo resto do mundo. Hoxe Papá Noel, a árbore e o pesebre son os símbolos universais do Nadal. Tan universais como o costume de desexarlles a todos e en todas partes, felices festas.

Ningún comentario: