29 abr. 2009

Lourenzá , parada do camiño norte.

-Este trimestre decidimos facer unha visita ao albergue de peregrinos do noso concello.
O noso pobo, Lourenzá, pertence a ruta do Camiño Norte e moitos peregrinos pasan diariamente por el.
Para facer o camiño hai dúas rutas: O tradicional ou Camiño Francés e o Camiño Norte ou Camiño Inglés que pasa principalmente por : Barreiros, Lourenzá ,Ribadeo ,Mondoñedo, Vilalba ,Sobrado...
Todos os camiños se xuntan en Arzúa, un pouco antes de chegar a Santiago.
O noso camiño era o utilizado polos peregrinos británicos, escandinavos ou bretóns que escollían esta ruta maritima. Unha vez en terra, a última parte do seu traxecto consistía en avanzar polos camiños reais que conducían a Santiago dende a costa:o Norte ou o Francés.




Fixemos unha entrevista a encargada do albergue , para saber un pouco máis dos peregrinos modernos:
ENTREVISTA A MARÍA XESÚS LÓPEZ

-Canta xente pode durmir aquí?

-Ten capacidade para 20 persoas e tamén unha habitación para minusválidos.

-A que teñen dereito?

-Ao baño,a un kit de sabas de usar e tirar,a cama e a cociña.

-Custa algo quedarse no albergue?

-Si, cobrámoslles 3 euros para mellorar o servizo.

-Canta xente hai habitualmente?

-Depende dos meses , no inverno pouca xente e a partir de abril aumenta. Nos meses de verán non hai sitio para todos e os peregrinos teñen que durmir no polideportivo en sacos e colchóns.

-Cal foi o peregrino que pasara de máis lonxe?

-De Corea e Xapón.

-E o máis vello?

-Un alemán de 90 anos que patrocinaba unha fundación de nenos discapacitados.

-Cales son as razóns polas que os peregrinos adoitan facer o camiño?

-Nos estranxeiros predominan os motivos relixiosos e nos españois máis o deporte e o turismo.

-Lembras algunha anécdota por motivos relixiosos?

-Recordo un asturiano que, despois de que lles morrera nun accidente de tráfico a súa muller e os seus fillos ,fixo o camiño para reconciliarse con Deus.

_Hai algún sitio onde os peregrinos podan rezar?

-Si, ao lado do albergue hai unha pequena capela. Aos peregrinos tamén lles gusta moito a nosa igrexa e o museo, aínda que se queixan do horario de apertura.
-Os peregrinos deixan algunha lembranza do seu paso por Lourenzá?

-Eles escriben as súas impresións no tablón de anuncios, e nunhas libretas que gardamos no albergue.
Tamén si mercan algunha cousa para comer azúcar , café , galletas... ,deixan o que queda para os seguintes.





Testemuñas dos peregrinos:
"Nunca pensé en que pudiera hacer 30 km con mochila sin “morir” por el camino.
Pero lo he conseguido. Espero llegar, no se como pero quiero llegar. Deseo que mi fe me deje llegar.
Un saludo a las que llegarán, como yo he llegado."
MARISA.


"Merci à teris, ceux gui mi out audé daus u périple sur le ret laccueil deeus les ALBERGUE".

Juan llaude PERLLETIER MONTRESL.

"I think I prefer to write it English cause I think there aren´t walls in our world if you don´t like to haven them pesent. I´mandalusian I come four Córdoba , the city which the orange-tree flower smell better in the word but I haven´t problem to write it in English because I hope Everybody could read it.
Have a nice day! "


P.P. Enhorabuenma por el albergue y el pueblo que teneis.

1 abr. 2009