10 dic. 2013

As nosas felicitacións.

Estas felicitacións están diseñadas por nós, con elas queremos que pensedes que cousas son as máis importantes do Nadal.Como vedes unhas están feitas a man e outras a ordenador. 
A nosa intención é que cada un dos que nos ve se sinta cheo de ledicia e esperanza nestes días nos que celebramos que Xesús naceu para todos. Bo Nadal a todos!.

 






Xesús naceu para todos, viva o Nadal.
                       
                            
                                A túa solidariedade ponlle a música ao Nadal.
                             
                               Cando escoitas aos demais celebras o Nadal.
Achégate a Xesús para vivir o Nadal.
Ola  son Miguel  e  quero  que  lembredes que no ADVENTO preparamos a festa do Nadal, e o mellor que podedes facer é compartir as vosas cousas cós que non teñen nada. Iso é o Nadal.




 

11 nov. 2013

Xénese, Génesis, Berashit.


 Neste traballo podedes ver un " lap book" do Xénese.  É un pequeno mural persoal onde cada un pon un resumo das historias do primeiro libro da Biblia. Ao final fixemos unha pequena libreta cós versículos que máis nos gustaron e non deberíamos esquecer.

6 nov. 2013

Parábola do tesouro agochado.

"O Reino dos Ceos é semellante a un tesouro agochado nunha leira, o home que o atopa vende todo canto ten e vai mercar a leira para non perdelo".

Pensamos no que quere dicir Xesús con esta parábola e fixemos unha postal para non esquezela e ofrecela de agasallo as persoas que son tamén para nós un" tesouro".

22 oct. 2013

Non fagas como que non están.


Algunhas veces parece que vamos polo mundo nun coche sin ventás. Ao mellor é que non queremos mirar ou queremos facer como que os millóns de persoas que pasan necesidades non están ao noso lado...
Rodrigo 6º

17 oct. 2013

domund 2013



Neste vídeo queremos que pensedes un pouco nos MISIONEIROS, esas persoas que nos ensinan cada día que Xesús está nos demais.

14 may. 2013

María , a mamá de todos.

O Anxo Gabriel dille a María que será a nai de Deus.
Aínda que a Pascua non rematou, estamos no mes de maio, que é tamén o mes de María, a nai de Xesús.
Nestes catro debuxos que nos fixeron Antía, Valeria, Ainhoa e Julio, lembramos os momentos máis importantes da vida de María.
Pero faltan outros que ti podes engadir si queres.
María coidaba do seu fillo cando era pequeno.

A María o que máis lle gustan son as flores que ti lle debuxas con amor.

    


María é tamén a nosa mamá.

22 abr. 2013

PASCUA DOCE.


Estamos de festa: ESTAMOS NA PASCUA.

Xesús Resucitou, e para celebralo fixemos estes postres  para as nosas familias.
Lembrade que estamos de festa cincuenta días.














19 feb. 2013

Mural da Paz 2013


Este é o noso mural da Paz.Utilizamos unha frase que Xesús dixo a unha multitude de xente nunha montaña:
"Felices os que con ollos limpos saben descubrir o mellor das persoas que teñen diante".