O rei da Paz.
Son o rei Gaspar
e traigo moita paz.
Veño nun camelo
para non tardar.
Cando vexa ao neno
voulle agasallar
un pouquiño de incenso
e ao neno alegrar.
Paulo.
O neno Manuel.
Melchor chegou moi rapido
ao pobo de Vilanova.
O camelo está moi canso,
e vai ao veterinario.
O veterinario ao velo
púxose amarelo
e chamou ao seu neno:
Manuel ven aquí,
podes ver ao rei Melchor
e ser moi feliz.
Si que vou
si que vou,
quero ver a Melchor.
José Antonio.
Mariana e os Magos
Eu recibín un bombón
de parte do rei Melchor.
Cunha boneca vou xogar,
que me deu Gaspar.
E cando chegue Baltasar
xa sei que me dirá:
Mariana, sempre
tes que axudar.
Mariana.
A miña esterliña de nadal.
A miña estrela
a miña estreliña
sempre tan bonitiña.
A miña estrela
a miña estreliña
sempre tan fermosa.
A miña estrela
a miña estreliña
sempre agarimosa.
Iñaki
O neno Xesús.
O neno Xesús
naceu en Belén
e moitos agasallos ten.
O neno Xesús,
é fillo de Deus.
e moito amor ten.
Para todo o mundo
para facer o ben.
Diego