Aquela tarde de vacacións de Nadal, Estela unha nena de 2º recibiu unha carta de Xesús.
Querida Estela:
"Vou estar no teu barrio o sábado na tarde e quérote ver.
Quérete sempre, Xesús.
As súas mans tremían mentres colocaba a carta na mesa.
- Por qué Deus me quererá visitar se non son ninguén especial?-pensou ela. Tamén lembrou
que non tiña nada que ofrecerlle, pensando niso, veu o seu armario baleiro.
-Oh, non teño nada que ofrecerlle. Teño que ir ao supermercado e comprar algo para a cea, na carteira só teño 6 euros.
-Polo menos podo comprar pan e embutidos. Puxo o abrigo e pechou a porta.
Comprou pan de molde, un pouco de xamón e un litro de leite .
Sentíase ben a medida que se achegaba á súa casa coa súa humilde compra baixo o brazo, Vilanova estaba moi fermosa ,tódalas rúas adornadas con luces de cores.
-Señoriña, por favor, pode axudarme?
Estela estivera tan mergullada nos seus plans para a cea que non se percatara de aquel home e aquela muller vestidos pobremente.
-Mire señoriña, non teño traballo e temos moita fame, se vostede nos puidese axudar agradeceriállo moito
Estela mírounos e contestou:
-Señor, gustaríame axudalos, pero son pobre tamén. Todo o que teño é un pouco de pan e xamón, e terei un convidado especial a cear esta noite e pensaba darlle isto de comer.
-Esta ben, comprendo. Grazas de tódolos xeitos, contestou o home e seguiu camiñando pola rúa. Estela ao velo tan triste sentiu moita dor no seu corazón:
-Señor espere, A parella detívose, mentres ela corría ata eles.
-Por que non toman esta comida, podo servirlle outra cousa ao meu convidado - dixo ela mentres lle entregaba a bolsa do supermercado.
Grazas. Moitas grazas señoriña .
Si, Grazas díxolle a muller e Estela puido ver que estaba a tremer de frío.
-Sabe, teño outro abrigo na casa, tome este, e tamén esta bufanda , díxolle mentres a poñía sobre os ombros.
Ela regresou á casa sorrindo e sen o seu abrigo nin comida que ofrecer ao seu convidado.Estábase a desanimar a medida que se achegaba á porta da súa casa, pensando que non tiña nada que ofrecer ao Xesús. Pero cando entrou veu outra carta.
-Que raro. Normalmente, o carteiro non vén dúas veces o mesmo día.
Estela colleu o sobre e abriuno:
Querida Estela:
Foi moi agradable verte de novo.
Grazas pola comida e grazas tamén polo fermoso abrigo e a bufanda.Que teñas un Bo Nadal.
Quérete sempre, Xesús".
É que ás veces é difícil atopar a Deus, nas pequenas cousas que nos rodean, mesmo nas persoas que ás veces nos son desagradables, pero é precisamente alí onde quere que o atopemos: en cada persoa que necesita axuda.
Podedes ver o conto en debuxos si picades abaixo: