A Supermisioneira:





Ana era unha nena que vivía en San Cosmiño Ledo.
Na clase de relixión , Chelo, a súa profesora faloulles dos misioneiros. Contoulles que estas persoas ían aos países pobres a axudar a xente. Algúns eran mestres , médicos , enfermeiros ou mesmo inxenieiros.
Chelo tamén lles contou que non só eran monxas ou sacerdotes, senón que podía ser calquera que quixera axudar, calquera que quixera seguir os consellos de Xesús.
A profe dixo que podía ser solteiro ou casado, ser home ou muller, e mesmo ir só ou acompañado da familia.
Pero os que non podían ir ,eran os nenos ; Había que ter máis de dezoito anos, e Ana, só tiña sete anos.
Ana quedou un pouco decepcionada, ela quería axudar aos nenos pobres, podería ensinarlles a ler e a escribir, ou darlle parte da súa comida, ¡mamá tiña tanta na neveira!.
Pero Chelo dixo que aínda era pequena ,que tiña que esperar; e ademáis seguir estudando e aprendendo : Contas, coñecemento, lectura , relixión, plástica , a profe dixo tantas cousas , que Ana pensou que nunca chegaría o día.
Chelo dixo que para saber si unha persoa pode ser misioneira, ten que ser capaz , de axudar primeiro aos que están máis cerca:
Ana, sempre deixaba as ceras e o lápiz cando un compañeiro llo pedía.
Ana sempre daba a roupa que lle quedaba pequena para os nenos que a necesitan.
Ana, axudaba aos pequenos no patio.
Ana axudaba tamén a súa mamá na casa.
Ana rezaba polos nenos pobres .
Ana cando pedía os agasallos de Nadal, sempre pedía tamén para os nenos pobres.
Entón Ana deuse conta que ela era unha misioneira de verdade.
Chelo dixo: Ana eres unha “Supermisioneira”.

Ningún comentario: