Actividades para 5º.


Ola, como xa sabedes temos que empezar a pensar nas notas da 3ª avaliación. 
A Cualificación final será a Nota media das cualificacións da primeira e segunda avaliación. 
Pero haberá unha subida de nota de 1 punto si elaboras o seguinte traballo ou si participaches nas actividades que foron propostas dende que traballamos na casa.
Para facer este traballo tes todo o mes de maio.
Si tes algunha dúbida ponte en contacto comigo por correo electrónico ou polo grupo de clase.
Imos analiza e ler  un milagre de Xesús. do Evanxeo de Xoán e que xa vimos na clase.Tes tamén un resumo neste vídeo: 



 



 Agora fai un comentario do milagre contestando as seguintes preguntas.
  • 1. Onde o podo ler :  Evanxeo de Xoán 6, 1-14
  •  2. Localización:  si menciona o pobo, un monte, río... de non mencionalo só poñer o nome do país de Xesús .
  •  3. Resumo:  conta coas túas palabras o que pasou dunha forma sinxela e  curta.
  •  4. Ensinanza: lembra que Xesús non era un " MAGO", cando facía un milagre sempre quería amosarnos algo: neste milagre vemos por exemplo que o neno comparte o que ten e chega para todos, polo tanto si todo o mundo compartira o que ten no mundo ninguén pasaría...
  •  Outra cousa que fai Xesús antes de repartilo e ...  celebra unha....
  •  Si ti atopas outra ensinanza máis tamen podes poñela. É a túa opinión e sempre vai ben .

Formatos en que o podes facer:
- En documento de Word. Non ten que ser moi longo. Podes engadir fotos. Unha páxina xa chega.
 -En presentación de Power Point. Como moito 6 diapositivas. Este programa é moi parecido ao impress que utilizamos no cole.   
( Lembra: reparte a información en diapositivas ou páxinas, que se engaden ao traballo en insertar nova diapositiva).
-Para os que non teñen ordenador:  investiga poñendo no buscador  da tablet  ou no teléfono móvil a cita "Jn 6, 1-14" ou nunha Biblia ou Novo Testamento que teñas pola casa, aínda que sexa a da túa avoa .  Contesta as preguntas  nunha libreta ou folio, faille unha foto e mándamo ao correo . 
        Estes debuxos xa che valen si fas o traballo por ordenador.




                                                        

Mapa de Palestina