Actividades para 4º


Ola, como xa sabedes temos que empezar a pensar nas notas da 3ª avaliación. 
A Cualificación final será a Nota media das cualificacións da primeira e segunda avaliación. 
Pero haberá unha subida de nota de 1 punto si elaboras o seguinte traballo, ou participaches nas actividades que foron propostas dende que estamos a traballar na casa.
Tes todo o mes de maio para facelo.

 Si tes algunha dúbida ponte en contacto comigo por correo electrónico ou polo grupo de clase. Tes ata o 30 de maio para entregalo.
Imos ver a preferencia de Xesús polas persoas máis necesitadas.
 Para iso vamos analizar unha PARÁBOLA. 
Lembra que as PARÁBOLAS, son relatos curtos ou que contaba Xesús para que o entenderan mellor .
  A PARÁBOLA que imos revisar e a do Bo Samaritano  que se atopa en Lc 10, 29-37. tamén podes vela neste vídeo.

 Agora fai un comentario da PARÁBOLA contestando as seguintes preguntas.
  • 1. Onde o podo ler :  Evanxeo de Lucas 10, 29-37
  •  2. Localización: 
  • - A onde ía o home que asaltaron?
  • - De que parte de Palestina era  o home que lle axudou?
  •  3. Resumo:  conta coas túas palabras o que pasou dunha forma sinxela e  curta.
  •  4. Ensinanza: lembra que Xesús , cando conta  unha parábola  sempre quería amosarnos algo: 
  • Debemos a..... a quen nos n......
  •  O home que lle axudou era de Samaría; no país de Xesús as persoas desta parte de Palestina eran consideradas inferiores. Pero foi o único que se portou ben. Xesús ensinanos que non debemos marxinar a ninguén pola súa r... 
  •  Si ti atopas outra ensinanza máis tamen podes poñela. É a túa opinión e sempre vai ben .
Formatos en que o podes facer:
- En documento de Word. Non ten que ser moi longo. Podes engadir fotos ou debuxos. Unha páxina xa chega.

-Para os que non teñen ordenador:  investiga poñendo no buscador  da tablet  ou no teléfono móvil a cita "Lc 10, 29-37" ou nunha Biblia ou Novo Testamento que teñas pola casa, aínda que sexa a da túa avoa .  Contesta as preguntas  nunha libreta ou folio, faille unha foto e mándamo ao correo . 
        Tamén vale que completes esta ficha.