Semana 4/05/2020-8/05/2020
Ola, grazas a todos por facer as actividades que vos propoño. Xa sabedes que son voluntarias e sei que non todos podedes imprimir, moito ánimo que esto logo vai pasar.
Xa sabedes que estamos repasando cousiñas moi sinxelas , hoxe tocalle aos amigos de Xesús, lembrades como se chamaban?
Aquí tedes unha ficha para completar os nomes de cada un.
Ao mellor é difícil de colorear, eu propóñovos que fagades un debuxo de cada un e poñades o nome debaixo, Seguro que queda precioso. Boa Semana
Semana 26/04/2020-2/05/2020
Ola, grazas a todos por facer as actividades que vos propoño. Xa sabedes que son voluntarias e sei que non todos podedes imprimir, moito ánimo que esto logo vai pasar.
Ola, grazas a todos por facer as actividades que vos propoño. Xa sabedes que son voluntarias e sei que non todos podedes imprimir, moito ánimo que esto logo vai pasar.
Esta semana celebramos o domingo o DÍA DA NAI.
Para os cristiáns este mes de maio é moi importante pois nel lembramos especialmente a Nai de Xesús: María.
Como vedes tamén lle gustaba pasear co seu fillo por iso vos propoño esta ficha para que vos debuxedes felices a carón da vosa nai. Abaixo tedes unha canción para lembrar a vida de María.
Pero o máis importante para esta semana é que lle lembredes a vosa nai e as vosas avoas o que as queredes con un debuxo ou un agasallo feito por vos.

Aquí tedes algúns exemplos que me mandaron Alejandro, Iker e Miguel, Cñlaudia e Paula.
Semana do 20/04/ 2020- 25/04/2020
Ola, grazas a todos por facer as actividades que vos propoño. Xa sabedes que son voluntarias e sei que non todos podedes imprimir, moito ánimo que esto logo vai pasar.
Como esta semana celebramos o DÍA DO LIBRO, pensei que sería bo que lembrárades a importancia e valor que ten para os cristiáns a BIBLIA.
Aquí tedes unha canción que cantamos na clase, por si vos apetece este baile, FELIZ SEMANA💪💓💓💓
Dende este Domingo os cristians celebramos a Pascua.
É para nós a festa máis importante xa que celebramos que Xesús Resucitou. Mira este vídeo para lembrar como foi, e despois fai un debuxo e colorea as fichas .
![]() |
Busca as diferencias e colorea |
![]() |
Busca as diferencias |
Semana do 6/04/ 2020- 10/04/2020
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Imos celebrar a Semana Santa.Nesta semana os cristiáns lembramos os últimos días de Xesús para dar lugar a PASCUA , NA QUE CELEBRAMOS QUE XESÚS RESUCITOU.
Propoñovos unha ficha para completar e dúas de colorear coas que podedes facer unha postal de Pascua ou decorar as vosas ventás.
Si non tedes impresora sempre podedes copiar a man ou descargar e abrir con PAINT e facer as fichas no ordenador.
son debuxos fáciles.